martes, 4 de febrero de 2014

"Efermidades aparato respiratorio"

Pneumonías
Que é?

É a infección do parénquima pulmonar por diferentes axentes infecciosos (bacterias, virus, fungos e parasitos). A idade é o primeiro factor epidemiolóxico a ter en conta ante unha pneumonía, xa que cada grupo de idade se relaciona cuns microorganismos concretos.
Como se produce

Existen varios mecanismos de entrada dos axentes infecciosos:

Por microaspiración broncopulmonar a partir das secrecións orofaríngeas: é o mecanismo máis frecuente na produción de pneumonías

Por inhalación dende o aire de aerosois contaminados (mecanismo máis frecuente de pneumonías víricas, por Coxiella, Legionella, Micoplasma ou Chlamiydia)

Por diseminación sanguínea (pneumonía por Stapilococcus en adictos a drogas por vía parenteral)

Por contigüidade, a partir de infeccións de estruturas ou órganos próximos ao pulmón dende o exterior, a partir de feridas ou tras cirurxía (excepcional)

En todos estes casos prodúcese unha alteración dos mecanismos de defensa pulmonares, así como unha presenza excesiva de microbios que superan estes mecanismos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario